skip to Main Content
A colección

Fenta

Descobre FENTA, unha colección inspirada en todas esas mulleres que antes ca nós, se atreveron a vivir conforme ás súas propias regras. Esta serie de pezas son unha homenaxe a todas elas.

Ver todo

Deseño galego
de edición limitada

Raíces galegas Raíces galegas
ORIXE E IDENTIDADE
Bela Furtiva toma os seus referentes e a súa inspiración da cultura galega, implicando cada colección un labor previo de investigación, interpretación e actualización dos temas que se tratan.

Deste xeito, procuramos expandir a ollada máis alá dos lugares comúns e dos convencionalismos para poder ofrecer novas perspectivas que manifesten a complexidade e a riqueza da cultura, sendo conscientes en todo momento do seu carácter diverso e cambiante.

Pola súa banda, o deseño, como motor de innovación, permítenos traducir as ideas en obxectos que poñen en valor estes conceptos culturais, misturándoos con outras posibles influencias para obter pezas significativas que se comercializan baixo edicións limitadas.
Ademais, as coleccións de Bela Furtiva son fabricadas artesanalmente e de forma sostible en talleres de Galicia cun grande saber-facer e cos que se manteñen relacións a longo prazo.
Sobre nós
Carriño