skip to Main Content

Armario Xesta

2.045,00 

O armario Xesta ábrenos unha porta a entrar en contacto coas sensacións máis estimulantes dos acabados en madeira natural.

Co seu volume compacto, intégrase e combina á perfección con outros mobles, se ben adquire verdadeira relevancia ocupando un lugar protagonista no espazo.

No seu conxunto, distínguese pola súa consistente presenza, con detalles decorativos que se concentran especialmente na montaxe en espiga das portas e no seu tirador.

  • Descrición técnica

    Taboleiro revestido con madeira natural de roble europeo.

    Patas e soportes dos estantes en madeira natural de roble europeo.

    Portas tratadas con lasur coloreado mate en tons gris verdoso e branco.

  • Dimensións

    ALTO: 170 cm ANCHO: 84 cm FONDO: 40 cm
  • Personalización

    Contacta con nós para ver as posibilidades de personalización dos acabados
  • Créditos

    Deseño Xema Varela
    Fabricación en Galicia
    Fotografías Luis Díaz Díaz

Tempo de entrega

6-8 semanas

Formas de pagamento

Tarxeta, PayPal, Bizum

Sustentabilidade

Materiais naturais, procesos artesanais
e produción de cercanía

Artesanía

Mobles fabricados con mimo
e saber-facer

innovación

O deseño e a creatividade como
ferramenta

Carriño