Tallo Seara
596,00 €
O tallo Seara ten a súa orixe nunha das versións máis antigas do tallo tradicional de tres pés da cultura galega, actualizándose mediante o suavizado e estilización das súas formas.
O emprego da cor concédelle un ar máis desenfadado e actual, ao tempo que afonda no enraizamento na cultura a través dunha paleta de cor moi propia do rural galego.
A lixeireza e o tamaño convértense en aliados para desprazalo polo espazo, podendo empregarse como asento pero tamén como pequena mesa.
Descrición técnica
Madeira natural de castiñeiro lacada
Dimensións
Alto 45 cm. Ancho 35 cm. Fondo 28,5 cm.
-
Personalización
Contacta con nós para ver as posibilidades de personalización dos acabados
Créditos
Deseño Bela Furtiva
Fabricación en Galicia
Fotografías Mateo Hernández