skip to Main Content

A AVOA

A arquitectura racionalista e as paisaxes salvaxes

O desafío pasaba por pensar e imaxinar que mobles querería para si mesma unha figura que simbolizase para nós un referente feminino. Deseguida, a avoa acaparou o seu protagonismo e a idea foi crear os mobles que ela tería a día de hoxe se aínda vivise na súa casa de estilo racionalista.

Por iso a colección se envolve nun aura clásica actualizada, mentras se empapa do temperamento salvaxe das paisaxes de Razo e Baldaio. A madeira e unha coidada selección de teas cunha rica materialidade permiten dar forma a mobles que, sen deixar de ser xenuinos, entroncan con arquetipos coñecidos.

Carriño