HOMENAXE
Hibridación e amalgama
Unha das nosas coleccións máis vangardistas constitúe unha homenaxe a Jorge Varela e con ela particípase da posibilidade de obsequiar ás persoas que queremos a través daquilo que sabemos facer.
Formas desenfadadas concretan as posibilidades de diálogo e enriquecemento entre culturas, poñendo énfase en apartarse dos estereotipos e en abrir o intercambio á máxima liberdade creativa.