Os nosos
valores
Creamos mobiliario e accesorios contemporáneos, baseándonos en conceptos moi enraizados na cultura galega misturados coa inspiración que nos proporcionan certas vivencias persoais de alcance universal.
Fuximos da producion comercial e en serie, apostando pola fabricación baixo demanda realizada con mimo e de forma sostible en talleres artesáns de Galicia. Fomentamos as relacións a longo prazo e a involucración activa de cada unha das persoas especialistas que participan dos diferentes procesos, tentando introducir en cada un dos nosos produtos técnicas de fabricación que requiren dun grande saber-facer.
Buscamos constantemente a innovación no desenvolvemento de cada unha das nosas pezas. Empregamos o deseño e a creatividade como a ferramenta máis poderosa para comunicar a nosa mensaxe e lograr un impacto significativo no sector e na sociedade en xeral, porque queremos convertirnos nunha fonte de inspiración.
SUSTEN
TABILIDADE
Priorizamos o emprego de materiais naturais, os recursos cercanos e a introdución de procesos artesanais, de menor impacto enerxético. Cocebimos os productos para que poidan pasar de xeración en xeración e promovemos o consumo responsable a través de edicións limitadas executadas con rigurosa calidade.