skip to Main Content

1.- Titularidade

Este sitio é propiedade e está operado por BELA FURTIVA S.L.

DATOS

Razón Social: Bela Furtiva S.L.

CIF: B01809557
Enderezo social: Rúa Ramón Cabanillas 6 3B
15701, Santiago de Compostela (Galicia)

Teléfono: +34 881 97 71 34
Correo electrónico: bela@belafurtiva.com

Inscrita no Rexistro Mercantil da Coruña, T 381, F 153, S 8, H SC 50761, I/A 1 (12/08/2020).

2.- Aceptación

Esta tenda online (de aquí en adiante o Servizo) está dispoñible para calquera persoa usuaria, para o seu consumo propio, e suxeita aos seguintes termos e condicións: estas Condicións de Uso e Contratación (en adiante  CUC), a nosa Política de Privacidade e a Política de Cookies.

Cando usas o Servizo, aceptas estas  CUC e o resto dos nosos termos e condicións.

Con isto comprométeste a non empregar este sitio para fins ilegais.

Doutra banda, informámoste que por motivos legais arquivamos os documentos electrónicos cos que quedan formalizadas as compras. Poderás acceder aos devanditos documentos en calquera momento, solicitándoo en info@belafurtiva.com

3.- Descrición do Servizo

A través do Servizo, Bela Furtiva permite a compra de produtos mediante a súa tenda online.

O idioma no que se perfecciona o contrato entre Bela Furtiva e a persoa compradora pode ser o castelán, o galego ou o inglés.

O proceso de compra na tenda online é o seguinte:

  • Tras realizar a selección de produtos, estes inclúense na cesta da compra.
  • Concluída a selección, procédese a encher os datos (xa sexa como Convidado ou mediante Usuario Rexistrado): persoais, de envío, o sistema de entrega, a selección da forma de pagamento e a aceptación dos termos e condicións do Servizo.
  • Preséntase un resumo dos artigos adquiridos, así como os datos persoais, de envío e pagamento, e a opción de confirmar a compra.
  • O documento de formalización da compra almacénase no teu perfil para a súa consulta. En todo caso, sempre podes solicitalo a bela@belafurtiva.com.

Durante o proceso de compra, podes modificar os produtos seleccionados, o seu número de unidades, os datos persoais, a forma de pagamento e o sistema de entrega. Para iso debes retroceder ou  premer na opción “Editar” no procedemento de compra, antes da aceptación definitiva da compravenda.

Unha vez realizada a compravenda, confírmase mediante o envío dun correo electrónico, nun prazo máximo de 24 horas, ao enderezo que nos facilitases. Neste indícanse  os produtos adquiridos, o seu importe, impostos aplicables, gastos de envío, a forma de pagamento, o lugar e prazo de entrega e os termos e condicións aplicables.

No caso de que te rexistres, na túa área persoal podes acceder de xeito sinxelo aos teus Pedidos e editar tanto os teus datos como os detalles da conta.

4.- Ligazóns externas

Pode que desde o Servizo se che envíe a outros sitios web a través de ligazóns.

Bela Furtiva non controla eses sitios nin o seu contido, que están suxeitos aos seus propios termos e condicións. Polo tanto, BELA FURTIVA non é responsable da calidade, veracidade ou exactitude deses sitios.

5.- Idade

Declaras que es maior de idade e que dispós da capacidade legal necesaria para vincularte por este acordo e utilizar o Servizo de conformidade con estas CUC, que comprendes e recoñeces na súa totalidade.

Declaras que toda a información proporcionada para acceder ao Servizo, antes e durante a súa utilización, é verdadeira, completa e precisa.

6.- Propiedade intelectual e industrial

O contido e a información do Servizo (entre outros, datos, texto, son, imaxe ou código informático), así como a infraestrutura utilizada para proporcionar tal contido e información, é propiedade de  BELA FURTIVA ou dispón das autorizacións correspondentes para o seu uso.

Ademais, prohíbese a modificación, reprodución, duplicación, copia, distribución, venda, revenda e demais formas de explotación para fins comerciais ou equivalentes do Servizo.

Para calquera outro uso do contido do Servizo necesitas o noso consentimento previo por escrito.

7.- Entrega do produto e dispoñibilidade

Os produtos comprados entréganse nun prazo que pode oscilar entre 6 e 8 semanas desde a formalización do pedido.

Se o produto comprado non estivese dispoñible, notificaráseche e, de resultar viable, informaráseche da posibilidade de subministrarche sen aumento de prezo un produto de características similares e coa mesma ou superior calidade. Se de todos xeitos prefires resolver a compra, abonaránseche os importes pagados nun prazo máximo de 30 días.

A data de entrega no teu enderezo depende da dispoñibilidade do produto escollido e da zona de envío. Os prazos tamén poden variar en función das circunstancias concretas de cada pedido, en especial, por incidencias extraordinarias do transporte e por dificultades na entrega da mercadoría.

En calquera caso, lembra que as entregas se realizan todos os días da semana agás os sábados, domingos e festivos do lugar e/ou país de destino. Ademais, as entregas realízanse no horario de oficina.

O pedido considérase entregado no momento en que a empresa transportista che entrega o paquete no enderezo indicado e asinas o documento de recepción da entrega. Correspóndeche a ti verificar o estado da mercadoría á recepción e indicar todas as anomalías no albarán de recepción da entrega (de non ser así, non se aceptará ningunha reclamación por danos no transporte).

8.- Prezo e impostos

Os prezos dos produtos ofertados en  BELA FURTIVA están indicados en euros (€), gravándose sobre o prezo dos produtos o Imposto sobre o Valor Engadido (IVE) vixente no momento da compra.

En todo caso, a operación podería estar exenta ou non suxeita a IVE en función do teu país de residencia ou a condición na que actúas. Xa que logo, nalgúns supostos o prezo final do pedido pode verse alterado respecto ao que figura exposto.

As compras realizadas por suxeitos exentos do pagamento do IVE indicarano no momento de encher os seus datos persoais ou previamente á compra remitindo por correo electrónico o seu número de  NIF/CIF a bela@belafurtiva.com, non gravándose as compras co devandito imposto.

9.- Gastos de envío

Os gastos de envío veñen indicados no procedemento de compra e na confirmación da mesma.

10.- Forma de pagamento

O pagamento dos produtos comprados pode realizarse mediante

  • Transferencia bancaria
  • Tarxeta bancaria
  • PayPal

No caso de que teñas algún código de desconto terás que introducilo antes de premer o botón de “Rematar compra”.

11.- Dereito de desistencia e devolucións

Disporás de 30 días naturais desde a recepción do produto para a súa devolución.

Podes anular o teu pedido en calquera momento e sen ningún custo sempre que o comuniques antes de que o pedido fose posto a disposición do transportista para o seu envío. En caso contrario, deberás esperar a recibir o pedido para exercer o dereito de desistencia.

Para exercer o dereito de desistencia, debes notificárnolo mediante correo electrónico a bela@belafurtiva.com, indicándonos a túa decisión expresa de desistir do contrato. Compre que devolvas a mercadoría na súa embalaxe orixinal e xunto co albarán que a acompaña.

Aínda que non é obrigado, podes usar o modelo de formulario de desistencia que che proporcionamos e que podes descargar ao final destas Condicións de uso e contratación.

Se exerces o teu dereito de desistencia, devolverémosche o importe recibido por ese pedido nun prazo máximo de 14 días naturais. Efectuaremos este reembolso utilizando o mesmo medio de pagamento que empregaches para a transacción inicial, a non ser que indiques expresamente o contrario. Poderemos reter o reembolso ata que recibamos os produtos ou ata que presentes unha proba de devolución dos mesmos.

Poderás devolver calquera artigo que comprases en  BELA FURTIVA sempre e cando os produtos non teñan sido usados ou instalados, conserven o seu precinto ou embalaxe orixinal e os manuais, accesorios ou agasallos de promoción incluídos, se fose o caso, e sempre que a devolución non forme parte da listaxe de excepcións ao dereito de desistencia establecida na normativa aplicable.

Para facilitarche as devolucións, poñemos á túa disposición un servizo de transporte para a devolución da túa mercadoría, correndo pola túa parte os gastos de envío do produto. No caso de que queiras contratar un servizo distinto, deberás asumir calquera tipo de deterioro ou dano que poidan sufrir os produtos devoltos, debendo ter que abonar o prezo do produto se os danos que presente fan inviable a súa comercialización.

Unicamente responderás da diminución de valor dos bens que se derive dunha manipulación dos mesmos distinta á necesaria en virtude da súa natureza, as súas características ou o seu funcionamento.

Doutra banda, se por erro fose entregado un produto distinto ao solicitado, entregaráseche o produto correcto, recollendo o primeiro, sen ningún cargo adicional para ti.

Finalmente, se un produto che chega roto, danado ou en malas condicións,  BELA FURTIVA farase cargo de recollelo no teu enderezo, substituíndoo por outro en bo estado, sen cargos adicionais.

Modelo de formulario de desistencia

Acompañando a estas Condicións de Uso e Contratación, atoparás ao final das mesmas un Formulario de desistencia que podes empregar para comunicarnos o teu desexo de desistir o contrato.

12.- Validez da oferta

BELA FURTIVA pretende garantir que os produtos ofertados no Servizo estarán dispoñibles para a súa compra en canto se atopen no catálogo de produtos visualizados por medio da tenda online. Pero, como xa se mencionou anteriormente, se o produto comprado non estivese dispoñible, notificaráseche diso e de ser viable, subministrarase sen aumento de prezo un produto de características similares e coa mesma ou superior calidade. Se prefires resolver a compra, abonaránseche os importes pagados nun prazo máximo de 30 días.

En todo caso, BELA FURTIVA resérvase o dereito de efectuar no Servizo as modificacións que considere oportunas, podendo realizar en calquera momento cambios nos produtos e servizos. As imaxes dos produtos e servizos publicadas no noso sitio web son meramente ilustrativas.

O produto adquirido poderá sufrir tamén modificacións non substanciais nos compoñentes, características ou prestacións, sempre e cando non supoñan un demérito das calidades e prestacións anunciadas.

Do mesmo xeito, as informacións do produto poden conter inexactitudes ou erros tipográficos, que poden cambiarse, corrixirse ou suprimirse en calquera momento, sen que resulten vinculantes co Servizo.

Os prezos que aparecen na páxina web están suxeitos a cambios.  BELA FURTIVA resérvase o dereito de modificar os prezos sen previo aviso. En calquera caso, despois da confirmación do pedido, os prezos a pagar polo mesmo non se verán afectados.

Informámoste tamén que, malia ás actualizacións que se realizan aos prezos do Servizo, estes poderían conter erros. Procederemos a corrixir á maior brevidade todos os erros que aparezan e en ningún caso estes serán vinculantes co Servizo.

13.- Garantías

Os produtos están cubertos por unha garantía legal de dous anos fronte ás faltas de conformidade en virtude da lexislación aplicable.

Xa que logo, tes como persoa consumidora dereito a reclamar fronte á empresa BELA FURTIVA ante calquera falta de conformidade que exista no momento da entrega do ben nos prazos e condicións establecidas.

No caso de que o produto comprado presente algún tipo de falta de conformidade deberás poñerte en contacto connosco o máis rápido posible enviándonos un correo electrónico a bela@belafurtiva.com no que expliques o desacordo e achegues fotografías do produto.

Se a falta de conformidade do produto se manifesta durante os primeiros seis meses, enténdese que o fallo xa existía cando se entregou o produto, agás que se demostre o contrario ou que esta presunción sexa incompatible coa natureza do produto ou co tipo de falta de conformidade.

Se a falta de conformidade se manifesta despois dos primeiros seis meses, deberás demostrar que o defecto é de orixe para que quede cuberto pola garantía legal.

É a túa obriga denunciar posibles defectos e non conformidades dentro do prazo dos dous meses seguintes á súa detección.

En caso de defecto de conformidade procederemos, ao noso cargo, ao restablecemento da conformidade do produto mediante a reparación/substitución ou redución do prezo, tal como establecen as disposicións legais vixentes.

Lembra que a asistencia en garantía require a previa presentación da factura de compra.

En calquera caso, quedan garantidos todos os dereitos que as leis en vigor establecen para a persoa consumidora e usuaria.

As garantías que ofrece BELA FURTIVA con respecto a todos os seus artigos están condicionadas con carácter xeral ao seu uso doméstico. Exoneras a  BELA FURTIVA e renuncias ao exercicio de calquera acción para esixir calquera tipo de responsabilidade civil por danos causados derivados dun mal uso dos artigos e dun uso distinto ao que está destinados.

Debes colocar e utilizar os artigos adquiridos en  BELA FURTIVA nun lugar adecuado ás súas propias características.  BELA FURTIVA non se fai responsable das posibles reclamacións derivadas dun uso ou un emprazamento diferentes daqueles para os que está concibido o artigo.

14.- Seguridade

Como se indicou anteriormente, todo o procedemento de compravenda, así como a transmisión dos teus datos persoais e os da tarxeta de crédito, efectúanse nunha páxina segura e de forma cifrada a través do protocolo SSL.

15.- Modificacións e nulidade

Poderemos actualizar os termos e condicións do Servizo no futuro e informarémoste sobre eses cambios mediante un aviso no noso sitio web e/ou por correo electrónico.

Se calquera cláusula incluída nestas  CUC fose declarada, total ou parcialmente, nula ou ineficaz, a mesma só afectará á devandita disposición ou á parte da mesma que resulte nula ou ineficaz. Rexerán as CUC en todo o demais, téndose tal disposición, ou a parte da mesma que resultase afectada, por non posta.

16.- Reclamacións e accións derivadas do contrato

Este contrato réxese pola lexislación española.

Co fin de simplificar a resolución de reclamacións pola vía civil, non excluímos a posibilidade de someternos a unha Arbitraxe de Equidade ante a Corte de Arbitraxe das Cámaras de Comercio e Industria.

Neste sentido, e segundo a normativa aplicable,  BELA FURTIVA informa da existencia dunha plataforma europea de resolución de litixios en liña que facilita a resolución extraxudicial dos devanditos litixios para contratos celebrados en liña entre consumidores e empresas de servizos da internet. Á devandita plataforma poderase acceder a través da seguinte páxina web: http://ec.europa.eu/odr

Os contratos celebrados por consumidores por medio de BELA FURTIVA presumiranse celebrados no enderezo do comprador.

Os contratos celebrados con profesionais no exercicio da súa actividade profesional presumiranse celebrados no enderezo do vendedor.

17.- Idioma dos termos e condicións

Os termos e condicións do Servizo preséntanse en castelán, galego e inglés, para facilitar a súa comprensión. Con todo, en caso de contradición entre uns e outros, primará a versión en galego.

18.- Atención ao cliente

Para calquera aclaración, incidencia ou reclamación, podes contactar connosco mediante:

Correo electrónico General: info@belafurtiva.com

Correo electrónico Ventas: bela@belafurtiva.com

Teléfono: +34 881 97 71 34

Carriño