skip to Main Content

A LAGOA

E O SEU REFLEXO

A lagoa constitúe un espazo simbólico, de reflexos, tanto reais como fictícios, de brillos. Ás veces nas lagoas viven as avoas, que nos recomendan fuxir dos espellismos e buscar enclaves materiais sólidos. Pero remar cara outro lado non sempre é solución cando nos atrae o reflexo e a corrente nos impulsa a asumir que as barcas poden afundirse.

A lagoa recrea un escenario que se sabe efémero pero que se interpreta con afán de perdurar. Vai acompañada de encantos e sofisticación, como tamén de cinismos e traicións. Nada máis humano que entregarse a vivir e nada máis sabio que aprender a rescatar a beleza do vivido.

Carriño