skip to Main Content

Mesa de centro Cósima

985,00 

Na versión en cores claras da mesa de centro Cósima recoñécense facilmente certas influencias do deseño escandinavo, encaixando á perfección en decoracións onde priman os tons suaves e a armonía.

Pero a súa estética transfórmase considerablemente cando se opta por acabados escuros, contrastados ou con brillo, que lle permiten convivir con elegancia en entornos máis esixentes e sofisticados.

Con vocación de pequena mimada, a súa forma responde a un xogo de atinadas proporcións, no que non só a encimeira redonda en dúas cores acapara protagonismo, senón que tamén as patas e os travesaños de sección circular enfatizan o seu carácter adorable.

  • Descrición técnica

    Madeira natural de freixo europeo e lacado en ton vainilla

  • Dimensións

    Alto 42 cm. Diámetro 70 cm.
  • Personalización

    Contacta con nós para ver as posibilidades de personalización dos acabados
  • Créditos

    Deseño Xema Varela
    Fabricación en Galicia
    Fotografías Mateo Hernández

Tempo de entrega

6-8 semanas

Formas de pagamento

Tarxeta, PayPal, Bizum

Sustentabilidade

Materiais naturais, procesos artesanais
e produción de cercanía

Artesanía

Mobles fabricados con mimo
e saber-facer

innovación

O deseño e a creatividade como
ferramenta

Carriño