skip to Main Content

Estantería Fara

2.475,00 

A estantería Fara condensa o espírito da colección Aymat na súa vontade expresiva e no seu talante desenfadado, como unha especie de emblema que esperta o interese de todas as miradas.

Curvas alegres definen este moble que cobra sentido como estante-expositor, no que calquera obxecto se ve resaltado, pero tamén como elemento divisorio dun espazo.

Unha peza cun carácter escultórico que, nunha chiscadela ao conto de Aladino, parece ser capaz de espertar a maxia co simple xesto de frotar e pedir un desexo.

  • Descrición técnica

    Estrutura metálica de aceiro lacado en po.
    Pezas entre os andeis en taboleiro lacado en cor.

  • Dimensións

    ALTO: 159 cm ANCHO: 70 cm FONDO: 50 cm
  • Personalización

    Contacta con nós para ver as posibilidades de personalización dos acabados
  • Créditos

    Deseño Xema Varela
    Fabricación en Galicia
    Fotografías Luis Díaz Díaz

Tempo de entrega

6-8 semanas

Formas de pagamento

Tarxeta, PayPal, Bizum

Sustentabilidade

Materiais naturais, procesos artesanais
e produción de cercanía

Artesanía

Mobles fabricados con mimo
e saber-facer

innovación

O deseño e a creatividade como
ferramenta

Carriño