skip to Main Content

Banco Naila

1.925,00 2.110,00 

O banco Naila acolle desde o primeiro momento coa súa forma familiar, pero non por iso exenta de detalles diferenciadores, como a unión das patas na cara traseira do respaldo ou os travesaños cruzados sobre os que descansa o asento.

Unha peza que, aínda constando de elementos esbeltos e finos, sorprende pola súa solidez, se ben esta queda nun segundo plano perante o seu carácter alegre e a súa faciana amigable.

Un imprescindible cando se trata de crear espazos aglutinadores, pensados para xuntarse e compartir, pero tamén cando se ten a sensibilidade precisa para rodearse de beleza e dunha materialidade exquisita.

Limpiar
  • Descrición técnica

    Madeira natural de freixo
    Coxín revestido de liño 100%
    Coxín desmontable e desenfundable

  • Dimensións

    ALTO: 83,5 cm ANCHO: 120 cm FONDO: 50 cm
  • Personalización

    Contacta con nós para ver as posibilidades de personalización dos acabados
  • Créditos

    Deseño Xema Varela
    Fabricación en Galicia
    Fotografías Mateo Hernández

Tempo de entrega

6-8 semanas

Formas de pagamento

Tarxeta, PayPal, Bizum

Sustentabilidade

Materiais naturais, procesos artesanais
e produción de cercanía

Artesanía

Mobles fabricados con mimo
e saber-facer

innovación

O deseño e a creatividade como
ferramenta

Carriño