Tallo Liame
695,00 € – 795,00 €
O tallo Liame é unha evolución do tallo de tres pés tan característico no mobiliario tradicional de Galicia.
Defínese por un volume moi compacto formado por patas de sección circular e un asento en madeira cun coxín que se pode quitar e poñer.
Como contrapunto decorativo, ademais da versión máis sinxela, existe a versión con corda atada con nós náuticos.
Descrición técnica
Madeira natural de castiñeiro
Coxín 100% liño estampado artesanalmente
Modelo con corda
– Madeira natural de castiñeiro
– Coxín 100% liño estampado artesanalmente
– Corda de polipropileno con terminacións metálicas
Dimensións
Alto 45 cm. Diámetro 34 cm.
-
Personalización
Contacta con nós para ver as posibilidades de personalización dos acabados
Créditos
Deseño Bela Furtiva
Fabricación en Galicia
Fotografías Mateo Hernández

