Mesa Antela
1.885,00 €
A mesa Antela é unha mesa de corte clásico, de apariencia esbelta para as súas dimensións e cun porte distinguido grazas á curvatura do seu sobre e das súas patas.
Preséntase como ese elemento arredor do que organizar o espazo, afirmándose como centro neurálxico e convocando a estar.
Á súa vez, como acontece con outras pezas da colección Fenta, a tipoloxía desta mesa encaixa á perfección nese fino límite entre o novidoso e o xa coñecido.
Descrición técnica
Taboleiro revestido con madeira natural de roble europeo.
Patas en madeira natural de roble europeo.
Travesaños en acabado coloreado mate.
Dimensións
ALTO: 75 cm ANCHO: 180 cm FONDO: 90 cm
-
Personalización
Contacta con nós para ver as posibilidades de personalización dos acabados
Créditos
Deseño Xema VarelaFabricación en GaliciaFotografías Luis Díaz Díaz