skip to Main Content

MOBILIARIO

TRADICIONAL GALEGO

Unha investigación de campo ao longo do rural galego e a indagación nos contados libros e revistas que hai sobre o tema tennos permitido familiarizarnos cun tipo de mobiliario que, ao noso entender, ten aínda moita vida por diante se sabemos adaptalo á contemporaneidade.

Por iso, tentando evitar a carga de pesadez, tanto física como emocional, que moita xente atribúe aos mobles tradicionais, poñemos o deseño e a creatividade ao servizo de conseguir mobles, que sen renegar das súas raíces, nos agasallan co seu talante lúdico, desenfadado e xovial.

Carriño