skip to Main Content

Tote Xoana

85,00 

A bolsa tote Xoana combina a expresividade do debuxo artístico co saber-facer do traballo manual. Partindo dunha composición pictórica de tres flores de San Xoán, como son o fento, o romeu e a xesta, realízase un proceso de estampación manual sobre unha tea de liño de alto gramaxe que despois se cose para dar forma a esta bolsa.

Pola súa banda, as asas de cores e sección circular engaden a nota distendida e xovial a este obxecto que, como todas as producións de Bela Furtiva, ten vocación de acompañarnos a longo prazo, converténdose nunha aposta segura para o teu armario.

Para materializala cóntase co equipo cómplice formado por Natalia Moreno Studio, no deseño dos motivos e a estampación textil, Lourdes de Cocolé Moda, na confección, e Sarai Outeiral e Xema Varela, no deseño e coordinación.

Limpiar
  • Descrición técnica

    Liño estampado manualmente con motivos de flores.

    Asa de corda premium en polipropileno multifilamento.

  • Dimensións

    ALTO: 40 cm ANCHO: 35 cm ASA: 25 cm
  • Personalización

    Contacta con nós para ver as posibilidades de personalización dos acabados
  • Créditos

    Deseño Bela Furtiva
    Fabricación en Galicia
    Fotografías Luis Díaz Díaz

Tempo de entrega

6-8 semanas

Formas de pagamento

Tarxeta, PayPal, Bizum

Sustentabilidade

Materiais naturais, procesos artesanais
e produción de cercanía

Artesanía

Mobles fabricados con mimo
e saber-facer

innovación

O deseño e a creatividade como
ferramenta

Carriño