skip to Main Content

Banco Noceda

375,00 570,00 

O banco Noceda é unha peza tranquila e versátil que expresa o seu carácter camaleónico transformándose por medio de elementos textis.

Nada se lle resiste a este banco trotamundos que rapidamente intercambia a discreción, cando se presenta espido en madeira, por unha forte personalidade, no momento en que o vestimos.

Perfecto como banco nun vestíbulo ou nunha mesa, como mesa de noite ou como mesa auxiliar, as súas mútliples aplicacións, sumadas ás súas múltiples caras, permiten que nunca nos aburramos deste amigable compañeiro.

Limpiar
  • Descrición técnica

    Modelo espido
    – Madeira natural de roble

    Modelo con coxín de lá
    – Madeira natural de roble
    – Coxín revestido en lá merina 100%

    Modelo con coxín acolchado
    – Madeira natural de roble
    – Coxín acolchado revestido en liño 100%

  • Dimensións

    Alto 42 cm. Ancho 60 cm. Fondo 34 cm.
    Con coxín: Alto 45 cm. Ancho 60 cm. Fondo 34 cm.
  • Personalización

    Contacta con nós para ver as posibilidades de personalización dos acabados
  • Créditos

    Deseño Xema Varela
    Fabricación en Galicia
    Fotografías Mateo Hernández

Tempo de entrega

6-8 semanas

Formas de pagamento

Tarxeta, PayPal, Bizum

Sustentabilidade

Materiais naturais, procesos artesanais
e produción de cercanía

Artesanía

Mobles fabricados con mimo
e saber-facer

innovación

O deseño e a creatividade como
ferramenta

Carriño