Banco Xara
1.890,00 € – 2.020,00 €
O banco Xara contribúe a aportar unha nota de estilo e diferenciación a calquera espazo onde decidamos colocalo.
Trátase dun banco de corte clásico que foi actualizado a través dun proceso de simplificación ata crear unha silueta absolutamente contemporánea.
Como característica máis salientable atópase a súa versatilidade, adaptándose a múltiples usos nos entornos máis diversos: nunha entrada, nunha sala, ao redor dunha mesa, aos pés dunha cama, etc.
Descrición técnica
Modelo en tea cor cruda Svevo -1 m. ou 1,20 m. de lonxitude:
– Patas en madeira natural de carballo.
– Tapizado con tea de liño e lá nun ton crú.Modelo en tea motivos florais “Palm Beach” – 1 m. ou 1,20 m. de lonxitude:
– Patas en madeira natural de carballo.
– Tapizado cunha tea jacquard con motivos florais.Modelo en tea motivos florais “Xoana” – 1 m. ou 1,20 m. de lonxitude-Patas en madeira natural de carballo-Tapizado en liño 100% estampado artesanalmente
Dimensións
ALTO: 78 cm ANCHO: 100 cm/120 cm FONDO: 52 cm
-
Personalización
Contacta con nós para ver as posibilidades de personalización dos acabados
Créditos
Deseño Xema VarelaFabricación en GaliciaFotografías Luis Díaz Díaz