skip to Main Content

Luminaria Queiroa

1.795,00 

A luminaria Queiroa destaca como a peza máis icónica da colección Fenta, remitíndonos coas súas formas xeométricas simplificadas ao arquetipo dun faro.

Por mor da súa particular densidade e da súa intensa calidez, a súa luz permite crear atmósferas acolledoras e envolventes.

O xogo de volumes cónicos entre a parte superior e inferior recrea unha forma que bascula alegremente entre a elegancia e o desenfado, dándolle corpo á memoria neste símbolo de luz.

  • Descrición técnica

    Estrutura en perfil tubular de aceiro lacado en cor rosa.

    Difusor superior en tea entrelazada en cor cruda cun forro interior de policarbonato resistente á calor.

    Pantalla inferior en tea de alta costura entrelazada cor rosa cunha funda interior de policarbonato como soporte.

    Con cableado e regulador de intensidade en negro.

  • Dimensións

    ALTO: 150 cm ANCHO: 55 cm FONDO: 48 cm
  • Personalización

    Contacta con nós para ver as posibilidades de personalización dos acabados
  • Créditos

    Deseño Xema Varela
    Fabricación en Portugal
    Fotografías Luis Díaz Díaz

Tempo de entrega

6-8 semanas

Formas de pagamento

Tarxeta, PayPal, Bizum

Sustentabilidade

Materiais naturais, procesos artesanais
e produción de cercanía

Artesanía

Mobles fabricados con mimo
e saber-facer

innovación

O deseño e a creatividade como
ferramenta

Carriño