Mesa Luca
1.955,00 €
A mesa Luca é o froito dun traballo de deseño moi coidado ata acadar un patrón de referencia nesta tipoloxía de moble.
A partir dun redondeo concreto, uns espesores e unha inclinación particular conséguese unha forma básica minimalista que se completa coa introdución de elementos decorativos de factura artesanal como a marquetería coa que se delinean bandas de cores.
Deste xeito, nace unha mesa pensada para persoas que non se autolimitan, senón que se atreven a ser vistas e falar claro, optando por espazos con moita personalidade.
Descrición técnica
Patas en madeira natural de freixo
Encimeira en taboleiro de DM rechapado en madeira natural de freixo con bandas lacadas en cor
Dimensións
Alto 75 cm. Ancho 150 cm. Fondo 70 cm.
-
Personalización
Contacta con nós para ver as posibilidades de personalización dos acabados
Créditos
Deseño Xema Varela
Fabricación en Galicia
Fotografías Mateo Hernández