skip to Main Content

Que teñen en común a aerodinámica dos avións, o canto dos paxaros e a historia da raíña Lupa? Establecer conexións e experimentar a partir de temas de coñecemento aparentemente independentes e distantes entre si é o punto de partida deste obradoiro, que ten como obxectivo principal fomentar a curiosidade e estimular a creatividade.

Nun contexto no que as fronteiras entre as áreas de coñecemento son cada vez máis fluídas e no que cómpre superar os límites dos convencionalismos, este obradoiro adquire pleno sentido, favorecendo submerxirse durante unhas horas nun ambiente compartido caracterizado pola imaxinación e o pensamento fora da caixa.

Asumindo a importancia do pensamento asociativo como motor da creatividade, a idea central consiste en buscar relacións entre temas inicialmente dispares e promover a realización dunha composición creativa a partir da inspiración que se xera na confluencia entre as novas ideas e a bagaxe persoal de cada participante.

As tres temáticas seleccionadas para a primeira sesión titulada “O bambán” son:

Saltar as ondas

Un percorrido por algunhas tradicións galegas arredor da auga, no que paralelamente conflúen unha cosmovisión que xira arredor da natureza, a importancia do simbolismo numérico e o destacado rol dos mitos.

Pezas dun mosaico

Unha pequena selección de exemplos de obras artísticas baseadas no fragmentario: anacos, partes rotas, textos incompletos, fragmentos de sons… valorándose o inacabado, o imperfecto, o paso do tempo e a multiplicidade de perspectivas.

A radicalidade da alegría

En liña co discurso da Bienal de arte de Venecia do ano 2026, unha reflexión sobre o concepto da alegría como acto radical, enlazado con todas esas expresións vitais que nos conectan co noso lado máis humano.

Asumindo a importancia do pensamento asociativo como motor da creatividade, a idea central consiste en buscar relacións entre temas inicialmente dispares e promover a realización dunha composición creativa a partir da inspiración que se xera na confluencia entre as novas ideas e a bagaxe persoal de cada participante.

PREME PARA MÁIS INFORMACIÓN

INSCRICIÓNS NO SEGUINTE ENLACE

Carriño