Aymat

Mesa Auxiliar Coque

Con esta mesa desafíanse sutilmente os arquetipos establecidos e, nun impulso de vitalidade, ponse o acento no compoñente simbólico. Deste xeito, no límite descontinuo entre os imperativos e os desexos, representa a vontade de construír un lugar de encontro.

Destaca por unha estrutura esvelta e lixeira que despraza o peso visual cara o núcleo da parte superior e resalta o corpo cilíndrico central, que nos evoca a un mesmo tempo superficie e abertura.
Como o conxunto da colección, vai especialmente dedicada a Jorge Varela, achegándose con mentalidade viaxeira a un deses destinos que a el tanto lle tería gustado coñecer: O Líbano.

 

Descrición técnica

 
  • Estrutura metálica de aceiro lacado en po.
  • Cilindro central en taboleiro revestido en madeira de roble acabado en cor.

Deseñado por Belafurtiva
Fotografías de Luis Díaz Díaz

Prezo: 895 € + ive
Prazo de entrega aproximado: 6-8 semanas

895Engadir