Fenta

Luminaria Queiroa

A luminaria Queiroa destaca como a peza máis icónica da colección Fenta, remitíndonos coas súas formas xeométricas simplificadas ao arquetipo dun faro.

Por mor da súa particular densidade e da súa intensa calidez, a súa luz permite crear atmósferas acolledoras e envolventes.
O xogo de volumes cónicos entre a parte superior e inferior recrea unha forma que bascula alegremente entre a elegancia e o desenfado, dándolle corpo á memoria neste símbolo de luz.



Descrición técnica


  • Estrutura en perfil tubular de aceiro lacado en cor rosa.
  • Difusor superior en tea entrelazada en cor cruda cun forro interior de policarbonato resistente á calor.
  • Pantalla inferior en tea entrelazada cor granada cunha funda interior de policarbonato como soporte.
  • Con cableado e regulador de intensidade en negro.

Deseñado por Belafurtiva
Fotografías de Luis Díaz Díaz

Prezo: 1.495 € + ive
Prazo de entrega aproximado: 6-8 semanas

1.495Engadir