Aymat
Estantería Fara
A estantería Fara condensa o espírito da colección Aymat na súa vontade expresiva e no seu talante desenfadado, como unha especie de emblema que esperta o interese de todas as miradas.

Curvas alegres definen este moble que cobra sentido como estante-expositor, no que calquera obxecto se ve resaltado, pero tamén como elemento divisorio dun espazo.
Unha peza cun carácter escultórico que, nunha chiscadela ao conto de Aladino, parece ser capaz de espertar a maxia co simple xesto de frotar e pedir un desexo.



Descrición técnica
- Estrutura metálica de aceiro lacado en po.
- Pezas entre os andeis en taboleiro lacado en cor.
Deseñado por Belafurtiva
Fotografías de Luis Díaz Díaz
Fotografías de Luis Díaz Díaz
Prezo: 2.045 € + ive
Prazo de entrega aproximado: 6-8 semanas
2.045€Engadir