Fenta

Bolsa Tote

Con estas bolsas preténdese trasladar a esencia de Bela Furtiva a un obxecto que se poida levar enriba e que nos acompañe no día a día.

Realizadas integramente en materiais naturais, principalmente cáñamo, ademais de acomodarse ben ao corpo, proporcionan unha sensación táctil extremadamente agradable.

Os modelos bordados distínguense pola vivacidade do seu contraste de cores e pola pegada dun traballo manual moi persoal.



Descrición técnica


  • Asas e bolsa en cáñamo natural.
  • Dimensións da bolsa: 32x36 cm. A asa descolga 25 cm.

Deseñado por Belafurtiva
Fotografías de Luis Díaz Díaz

Prezo: 29 € + ive
Prazo de entrega aproximado: 6-8 semanas

Esgotado