Fenta
Bolsa Tote
Con estas bolsas preténdese trasladar a esencia de Bela Furtiva a un obxecto que se poida levar enriba e que nos acompañe no día a día.

Realizadas integramente en materiais naturais, principalmente cáñamo, ademais de acomodarse ben ao corpo, proporcionan unha sensación táctil extremadamente agradable.
Os modelos bordados distínguense pola vivacidade do seu contraste de cores e pola pegada dun traballo manual moi persoal.

Descrición técnica
- Asas e bolsa en cáñamo natural.
- Motivos de flores vermellas bordados con fíos de algodón.
- Dimensións da bolsa: 35x40 cm. A asa descolga 25 cm.
Deseñado por Belafurtiva
Fotografías de Luis Díaz Díaz
Fotografías de Luis Díaz Díaz
Prezo: 70 € + ive
Prazo de entrega aproximado: 6-8 semanas
70€Engadir