Fenta
Banco Xara
O banco Xara contribúe a aportar unha nota de estilo e diferenciación a calquera espazo onde decidamos colocalo.

Trátase dun banco de corte clásico que foi actualizado a través dun proceso de simplificación ata crear unha silueta absolutamente contemporánea.
Como característica máis salientable atópase a súa versatilidade, adaptándose a múltiples usos nos entornos máis diversos: nunha entrada, nunha sala, ao redor dunha mesa, aos pés dunha cama, etc.

Descrición técnica
-
Patas dianteiras e traseiras en madeira natural de roble europeo.
-
Tapizado con chenilla jacquard nun ton crú.
Deseñado por Belafurtiva
Fotografías de Luis Díaz Díaz
Fotografías de Luis Díaz Díaz
Prezo: 1.295 € + ive
Prazo de entrega aproximado: 6-8 semanas
1.295€Engadir