Aymat
Banco Amina
A versatilidade representa a maior baza do banco Amina. Coas súas cómodas proporcións, este compañeiro incansable pode empregarse para sentarse, pero tamén como moble de apoio, e incluso como mesa auxiliar.

Coas súas formas e o seu tamaño asegúrase a súa capacidade de adaptación e o seu espírito inquedo maximízase coas asas das que dispón para poder transportalo. Alma de obxecto dinámico á procura do significado que cada persoa queira darlle.
Sinxeleza acompañada de rotundidade nun exercicio de axuste dos límites, no que o carácter e as formas depuradas nos permiten prever que poida converterse nun auténtico aliado.

Descrición técnica
- Estrutura metálica de aceiro lacado en po.
- Asento tapizado en seda salvaxe con base en madeira de roble europeo acabado en cor.
Deseñado por Belafurtiva
Fotografías de Luis Díaz Díaz
Fotografías de Luis Díaz Díaz
Prezo: 825 € + ive
Prazo de entrega aproximado: 6-8 semanas
825€Engadir