Fenta

Armario Xesta

O armario Xesta ábrenos unha porta a entrar en contacto coas sensacións máis estimulantes da madeira natural.

Co seu volume compacto, intégrase e combina á perfección con outros mobles, se ben adquire verdadeiro protagonismo ocupando un lugar central no espazo.

No seu conxunto, distínguese pola súa consistente presenza, con detalles decorativos que se concentran especialmente na montaxe en espiga das portas e no seu tirador.

 

Descrición técnica

 
  • Taboleiro revestido con madeira natural de roble europeo.

  • Patas e soportes dos estantes en madeira natural de roble europeo.

  • Portas tratadas con lasur coloreado mate en tons gris verdoso e branco.

Deseñado por Belafurtiva
Fotografías de Luis Díaz Díaz

Prezo: 2.095 € + ive
Prazo de entrega aproximado: 6-8 semanas

2.095Engadir