Somos unha marca de mobiliario e complementos que, partindo das súas raíces atlánticas, propón escenarios que celebran a creatividade.

Apostamos polo deseño, especialmente no territorio en que conflúe co mundo da arte, e a partir del desenvolvemos unha produción moi coidada en edicións limitadas.
Deseñar abre a porta ao xogo e á exploración.

Damos valor á sustentabilidade en todas as súas variantes, priorizando, entre outras cousas, o uso de materiais naturais, o emprego de recursos cercanos e os procesos artesáns.
O océano atlántico expande a nosa ollada e conéctanos con outras culturas.
