NOVA!
Colección
FENTA

A Colección Fenta brinda unha homenaxe a todas esas mulleres que antes ca nós se atreveron a vivir conforme ás súas propias regras, desatendendo as convencións sociais que as relegaban a un segundo plano en moitos eidos da vida.

Explóranse formas clásicas perfectamente recoñecibles e transfórmanse a través do deseño en propostas contemporáneas con personalidade propia, nas que gaña importancia o xogo de contrastes entre austeridade e ornamentación.

Ao longo deste percorrido entre o presente e o pasado, a inspiración da natureza, e moi en particular a do océano atlántico, envolve esta colección nun arrecendo de fentos, flores silvestres e escuma do mar.

LUMINARIA QUEIROA

A luminaria Queiroa destaca como a peza máis icónica da colección Fenta, remitíndonos coas súas formas xeométricas simplificadas ao arquetipo dun faro.

BANCO XARA

O banco Xara contribúe a aportar unha nota de estilo e diferenciación a calquera espazo onde decidamos colocalo.