Panel de inspiración da colección fenta
5 de Agosto de 2021
Panel de inspiración da
colección fenta

A colección Fenta está inspirada no territorio de Carballo, na beleza das paisaxes naturais de Razo e Baldaio e nos fantásticos exemplos de arquitetura racionalista que se poden atopar na zona.

Antes de deseñala, percorremos durante unha tempada estes lugares tentando empaparnos da súa esencia e das sensacións que desprenden, supoñendo para nós un verdadeiro descubrimento.

Sacamos fotos, grabamos vídeos, fixemos debuxos, escribimos textos… e con todo este material definimos os conceptos que guiarían a colección.

Coma sempre, cando comezamos un novo proxecto, fixemos un panel de inspiración onde xuntamos aquelas fotos que nos parecían importantes para lembrarnos ao longo de todo o proceso o que buscabamos transmitir.

Paisaxe, area, mar, cardos, pegas, casas racionalistas, cores saturadas e cores pasteis, galerías de madeira, chafláns, volumes xeométricos… proporcionáronnos un estimulante punto de partida.