A historia de Bela Furtiva no evento Alma Rural 2021
5 de Agosto de 2021
A historia de Bela Furtiva
no evento Alma Rural 2021

O 16 de outubro do 2021 celébrase no Pazo de Cores o evento “Alma rural 2021”, organizado pola Consellería de Igualdade e pola Consellería de Medio rural da Xunta de Galicia en conmemoración do Día Internacional da Muller rural.

O evento xira en torno á realización de varias charlas e mesas redondas protagonizadas por mulleres procedentes dunha ampla representación de sectores e pretende ser unha plataforma para intercambiar opinións sobre a potencialidade da muller e do rural galego.

Con motivo do mesmo, Xema Varela, socia-fundadora de Bela Furtiva, é convidada a dar unha charla inspiracional na que aposta por contar a historia da empresa desde a perspectiva máis humana e persoal, permitindo saír á luz as motivacións máis íntimas que teñen guiado as primeiras decisións.

Como pequeno avance da súa intervención: “Hai unha lenda xaponesa que conta que hai persoas que nacen conectadas por un fío vermello…” No vídeo podedes escoitala completa.