Iluminación
Luminaria
Queiroa
Queiroa
A luminaria Queiroa destaca como a peza máis icónica da colección Fenta, remitíndonos coas súas formas xeométricas simplificadas ao arquetipo dun faro.
Por mor da súa particular densidade e da súa intensa calidez, a súa luz permite crear atmósferas acolledoras e envolventes.
Estrutura en perfil tubular de aceiro lacado en cor rosa. Difusor superior en tea entrelazada en cor cruda cun forro interior de policarbonato resistente á calor.
Iluminación
Luminaria
Queiroa
Queiroa
NOVA!
Colección Aymat
A colección Aymat expande a ollada furtiva cara outros horizontes, e cun talante de complicidade, tende unha ponte para explorar posibles confluencias entre as culturas galega e libanesa, que se traducen en obxectos de mobiliario.
O armario Xesta ábrenos unha porta a entrar en contacto coas sensacións máis estimulantes da madeira natural.
Mobiliario
Armario
Xesta
Xesta
Mobiliario
Mesiña
Calta
Calta
A mesiña Calta atópase a medio camiño entre un obxecto e un moble, tanto como na fronteira entre o ornamental e o utilitario.
Por riba da súa sobriedade, resalta o carácter decorativo da fronte do seu caixón, cunha composición de esferas imitando perlas, cun acabado iridescente.
Por riba da súa sobriedade, resalta o carácter decorativo da fronte do seu caixón, cunha composición de esferas imitando perlas, cun acabado iridescente.