
Bela Furtiva participa cun stand no evento Pont Up Store, cita imprescindible para collerlle o pulso ao emprendemento galego que se celebra en Pontevedra anualmente, con frecuencia no mes de setembro.
Trátase dunha iniciativa caracterizada polo dinamismo e a innovación ao servizo das novas empresas galegas con proxectos creativos e diferenciáis, da que Bela Furtiva ten a honra de formar parte no ano 2023.

Un evento no que tanto o público da cidade de Pontevedra como doutros lugares de Galicia se sorprende cos novos achádegos de cada edición, con tipoloxías e formatos de empresas que non deixan indiferente a ninguén. Algo ao que tamén contribúe Bela Furtiva cunha mostra das súas últimas coleccións, nas que se aprecia na pegada do deseño “ese non sei que” de familiaridade combinado con trazos totalmente distintivos.
Unhas xornadas con multitude de visitantes que lle permiten ás empresas coñecer as inquedanzas do seu público e manterse máis próximas das súas expectativas reais, e dentro das cales Bela Furtiva non pode máis que agradecer a boa acollida do seu produto e do seu concepto de marca en xeral.

Ademais, neste marco e como actividade de dinamización, Xema Varela realiza a cargo de Bela Furtiva unha mostra en directo do proceso de personalización dun moble a través da incorporación de elementos decorativos de diferente formato, desde elementos xeométricos ata cordas ou revestimentos textís, de tal xeito que mentras se comparten agradables momentos co público, tamén se abre o produto a un campo de posibilidades de transformación pouco exploradas neste sector.
Véndoo en conxunto, do Pont Up Store nunca te podes quedar cunha soa cousa, e por iso Bela Furtiva queda co público, pero reservando un lugar especial para a marabillosa organización.